Vilamor

Unha película de Ignacio Vilar

Equipo técnico

Zeltia Montes

Zeltia Montes Muñoz, compositora de música para cine, televisión e música de concerto, naceu en Madrid, o 22 de marzo de 1979. De pai galego e nai madrileña, sempre se sentiu profundamente ligada a ambos lugares. Comezou a estudar piano aos 4 anos de idade. Ingresou no Conservatorio Federico Chueca pouco despois. Empezou a compoñer de forma natural aos 9 anos e soubo que sempre querería seguir a facelo como proceso de autocoñecemento íntimo e como forma de comunicación cos demais a través dun medio máis puro e verdadeiro.

Recibiu o seu Título de Profesor de Piano do Conservatorio Profesional de Música de Madrid, e máis tarde o Título Superior de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento, do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid no ano 2002. Nesa época preparouse como pianista clásica estudando principalmente con Julio César Setién. Posteriormente estudou música moderna na Escola de Música Creativa de Madrid onde se especializóu en harmonía, composición, voz e piano modernos.

En xaneiro de 2005 trasladouse a Boston pra estudar Música pra Cine na recoñecida Universidade "Berklee College of Music". En maio de 2007 graduouse cunha dobre licenciatura nas especialidades de Composición e Film Scoring (música para cine) consiguindo o máximo premio fin de carreira, Summa Cum Laude.

Na actualidade combina a sua actividade como compositora de música pra cine e televisión cos encargos de obras pra distintas orquestras. Recentemente realizou a música pra a cabeceira da serie de documentais "El Camino del Cid" pra TVE e a Banda Sonora pra a película "Pradolongo" do director galego Ignacio Vilar, pola que gañou o premio Premio Jerry Goldsmith na categoría de mellor Banda Sonora Orixinal pra Longametraxe no IV Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" 2008. Neste mesmo certamen recibíu tamén o Premio Jerry Goldsmith Award 2008 o mellor compositor novel, máximo galardón elexido entre os gañadores de cada categoría. A música de Pradolongo foi nominada aos Premios Mundo BSO 2008 (a mayor web de bandas sonoras comentadas do mundo) como unha das cinco candidatas a Mellor Banda Sonora Española do ano.

No ano 2009 gañou o premio "Director's Choice Gold Medal for Excellence" por "Pradolongo", Premio o Maior Impacto Musical nunha Película na 6a edición do "Park City Film Music Festival", Utah (EEUU). Neste mesmo ano recibiu o premio "Best Music in a Documentary" no concurso de bandas sonoras da 7a edición do "Garden State Film Festival", New Jersey (EEUU) pola música para a cabecera da serie documental "O Camiño do Cid". Foi nominada aos "Premios Mestre Mateo 2008" da Academia Audiovisual Galega na categoría de Mellor Música Orixinal e á VIII edición dos Premios Goldspirit como Mellor Compositor Revelación.