Equipo técnico
Alberto Díaz “Bertitxi”
Alberto Díaz "Bertitxi" é director de fotografía e vive en Santiago de Compostela.
Traballa tanto en película como en dixital. Na súa extensa carreira ten filmado longametraxes, curtametraxes, publicidade, vídeos musicais e televisión. Traballou como director de fotografía nas longametraxes Por mi y por todos mis compañeros, Dos fragmentos / Eva e Pradolongo. Foi nominado na VII dos Premios Mestre Mateo.
Tamén filmou spots publicitarios para clientes como Johnnie Walker e videoclips para Miguel Costas, Ialma, Ruxe-Ruxe e Luar na Lubre entre outros.